O adestrador do Club Deportivo Lugo Luis Milla compareceu ante os medios de comunicación na súa roda semanal, previa ao choque co CD Mirandés mañá, deixando claro como premisa básica que o desta semana é un choque altamente complicado.
Para o preparador turolense, o rédito en puntos obtido polos de Terrazas non se corresponde coa capacidade dun equipo que, asegura, manexa con claridade os seus conceptos de xogo, e que é capaz de poñer en apuros calquera rival. Milla acode ao choque seguro das posibilidades dun CD Lugo que debe seguir crecendo pola irrenunciable liña de estilo enmarcada dende o inicio da competición.
A convocatoria de xogadores para o partido de mañá fronte ao CD Mirandés é a seguinte:
-PORTEIROS: José Juan e Javi Pita.
-DEFENSAS: Cendrós, I.Puerto, C.Hernández, Dealbert e Manu.
-MEDIOS: Seoane, Pita, D.López, Sergio Marcos, Campillo, Iriome e Muiñeiro.
-DIANTEIROS: David Ferreiro, Igor M., Joselu e Caballero.