As Casas das Linguas do Concello ofertarán como novidade italiano e portugués para adultos

As Casas das Linguas do Concello de Lugo ofertarán como novidade a vindeira temporada italiano e alemán para adultos. Estes obradoiros súmanse aos de inglés, francés e alemán, aos que se apuntaron o pasado curso preto de 500 alumnos e alumnas. Nas actividades de inglés, francés e alemán, a idade mínima para participar é de 6 anos.

Todos os interesados poden inscribirse dende mañá luns e ata o 17 de setembro nas propias Casas das Linguas onde desexen aprender idiomas, ben na ubicada na Estrada da Granxa ou na que acolle o centro de convivencia María Balteira. Logo do sorteo de prazas publicarase a lista de admitidos, o luns 21 de setembro, ás 20:00 horas, no blog da Casa das Linguas. Posteriormente, será o período de matriculación dos participantes, dende o 22 de setembro ao 2 de outubro. O curso iniciarase o martes 13 de outubro.

Os horarios de inglés xa se poden consultar na páxina web www.lugo.gal Para os obradoiros de francés, alemán, italiano e portugués, os horarios organizaranse unha vez finalice o período de inscrición en función da demanda existente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com