O deputado delegado de Deportes, José Manuel Yanes Ginzo, asistiu esta mañá á presentación do segundo torno ‘Lugo é Basket’, que se celebrará esta fin de semana no Pazo Provincial de Deportes. En concreto, esta competición, organizada pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, disputarase os días 11, 12 e 13 de setembro. Xogarase en formato triangular con dous partidos por equipo, un en cada xornada.
A intención da celebración deste torneo é a de atraer a Lugo unha competición de alto nivel (coa presenza de tres equipos da Liga LEB Ouro), coa esperanza de contar cun gran número de asistentes, e coa idea de afeccionar ao baloncesto a novos adeptos. Os encontros serán similares aos da tempada oficial, con todo os servizos para equipos e públicos, como realización de estatísticas e vídeo, arbitraxe oficial ou animación musical e speaker.
O deputado delegado puxo en valor este tipo de iniciativas que supoñen un pulo ao deporte lucense. “Permitan unha maior oferta aos afeccionados do deporte así como marcan a base para captar novos seguidores”, explicou Yanes Ginzo; quen asegurou que a Deputación de Lugo se implicará con este tipo de propostas e traballará para proporcionarlle á poboación a posibilidade dunha práctica deportiva continuada.
O programa do torneo inclúe:
Venres 11: 21:00 horas-Leyma Basquet Coruña vs Cafés Candelas Breogán
Sábado 12: 19:00 horas- CB Palencia vs Leyma Basquet Coruña
Domingo 13: Aproveitando a estancia dos adestradores dos equipos invitados, o programa tamén inclúe como novidade esta edición, un clinic para adestradores, consistente en tres conferencias en pista con Lisardo Gómez, adestrador do Cafés Candelas Breogán; Porfirio Fisac, adestrador Quesos Cerato Palencia; e Gonzalo García, adestrador Clube Ourense Baloncesto.
11:00-Clinic. 1ª conferencia
12:30-Clinic 2ª conferencia
14:00-Comida oficinal clinic
16:30-Clinic 3ª conferencia
19:00-Cafés Candelas Breogán vs CB Palencia
20:45-Entrega de trofeos