A Rede Museística presenta a programación de actividades escolares e extraescolares

O deputado delegado de Cultura, Francisco Balado, presentou esta mañá a programación de actividades tanto escolares como extraescolares da Rede Museística Provincial para este curso 2015/2016. A maiores de cursos para os máis pequenos, esta oferta educativa tamén inclúe obradoiros creativos e propostas que ofrecerán os catro museos da Rede tanto para xente de mediana idade como para maiores.

O deputado delegado puxo en valor a pluralidade desta programación, que conta con recoñecemento a nivel nacional o que derivada en invitacións para explicar en distintos puntos de España, o perfil educativo desta oferta de actividades. Balado tamén resaltou a gratuidade dos cursos e engadiu que para a participación en calquera das actividades, os interesados débense poñer en contacto co departamento de didáctica de cada Museo ou a traveso da dirección de correo electrónico xerencia@museolugo.org.

A Rede Museística Provincial pon a disposición dos centros escolares unha ampla programación coa idea de “fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos catro museos”, explicou Balado, quen engadiu que, “co apoio dos docentes que participaron en precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares de cada nivel”.

A oferta de actividades da Rede Museística Provincial tamén abarca unha programación extraescolar deseñada incluso para bebés. Os interesados en participar deben inscribirse no Club Pequeamigos da rede e inclúe actividades que se imparten en todos os museos; así coma outras que se ofertan de xeito específico en cada un deles.

A maiores, a Rede Museística ofrece un amplo programa de obradoiros, tanto para maiores coma para a xente nova. Neste caso, os interesados deben inscribirse no Club Ei e no Club Senior, e inclúense obradoiros creativos e propostas que amosarán os catro museos dende unha perspectiva diferente e que permitirán descubrir que a cultura pode abrir innumerables portas á imaxinación, á innovación e á fantasía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com