A Xunta de Galicia subvenciona con máis de 25.000 euros oito proxectos na provincia de Lugo

A Xunta de Galicia subvenciona con máis de 25.000 euros oito proxectos na provincia de Lugo presentados por asociacións xuvenís dentro do programa de axudas Iniciativa Xove 2015. Estas axudas, concedidas pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, financian a totalidade dos proxectos e posibilitan aos xoves desenvolvelos de maneira directa.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou que “Iniciativa Xove é unha proposta pioneira en todo o Estado que permite á Administración escoitar as iniciativas da xente nova para posteriormente axudala a poñelas en marcha financiando o 100% do proxecto”. Son os propios xoves os que presentan as súas propostas de maneira directa.

“O que se pretende é favorecer o liderado, a creatividade e o talento xuvenil a través de asociacións formalmente constituídas ou ben a través de grupos informais de mozos e mozas. Permítese á xuventude galega organizar actividades e emprender, sendo eles mesmos os actores principais”, engadiu a delegada da Xunta.

As asociacións da provincia de Lugo ás que se lle concederon as axudas de Iniciativa Xove 2015 son a Asociación Cultural Xaquedrum, a Asociación Personas Sordas de Lugo, a Asociación Síndrome de Down Lugo, a Asociación Tir Na N’Og, a Asociación Xuvenil Arcadavella, a Asociación Xuvenil Ateibo, Aspnais e Cáritas Diocesana de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com