Na tarde de hoxe, o Club Deportivo Lugo e o xogador Jonathan Pereira chegaron a un acordo para a incorporación do futbolista galego á disciplina do club albivermello de cara á próxima tempada.
Pereira (Vigo, Pontevedra, 12 de Maio do 87) desempéñase na posición de dianteiro e acumula experiencia ao máis alto nivel durante unha longa traxectoria, a pesar da súa mocidade, en clubs como Vilarreal CF, Real Valladolid, Real Betis Balompie ou Raio Vallecano, entre outros.
Futbolista de calidade e desborde, acumula máis de douscentos partidos entre Primeira e Segunda División, destacando polo seu xogo veloz e a súa técnica depurada en Chega ao CD Lugo por espazo inicial dunha tempada.
A presentación do novo xogador albivermello realizarase no estadio Anxo Carro, en acto de portas abertas para que todos os afeccionados e afeccionadas poidan dar a benvida ao dianteiro á súa nova casa. A hora e data da mesma comunicarase en próximas horas.