Lugonovo solicita a presenza dun monitor especializado para nenos con discapacidade no San Froilanciño

A concelleira do Grupo Municipal Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, ven de solicitar no departamento de Cultura, encargada da programación das festas, que nas actividades infantís esté presente a lo menos un monitor especializado para atender a aqueles nenos e nenas que teñan algún tipo de necesidade especial, e que poidan demandar unha atención ou control específicos co fin de que lles permita aproveitar tódalas actuacións e xogos previstos.

“Queremos que tódolos nenos e nenas e tódalas familias participen dun xeito igualitario nas festas pero non podemos esquecer que algúns cativos teñen necesidades especiais que o Concello debe ter en conta para atendelas axeitadamente. A presenza dun monitor que se encargue de supervisalos durante a programación do San Froilanciño sería suficiente para garantir o seu benestar e a tranquilidade dos pais”.

Asemade, Lugonovo presentou un rogo para que no vindeiro Pleno o Concello se declare Cidade Refuxio e promova a creación dun rexistro no que figuren todas as solicitudes de acollemento que están a presentar as familias lucenses. Segundo Cristina Pérez Herráiz, a administración municipal tamén debería de estar en disposición de facilitar toda a información que posibilite esa colaboración solidaria.

“Trátase de canalizar toda a implicación que a sociedade civil está a amosar con esta causa para xestionala de forma axeitada”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com