Candia traslada á ministra de Fomento as prioridades en infraestruturas da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mantivo na tarde de onte, no Pazo de San Marcos, unha xuntanza coa ministra de Fomento, na que abordaron diversos asuntos relativos ás infraestruturas de interese prioritario para a provincia lucense.

Durante a xuntanza mantida a presidenta transmitiulle o seu interese por un importante número de infraestruturas que vertebran a provincia, entre as que se atopan, entre outras, a autovía de San Cibrao a Barreiros, ou as obras na N-634 e N-642. Candia engadiu que este encontro permitiulle coñecer de primeira man o proceso no que se atopan estas actuacións e o compromiso existente por parte do Ministerio de Fomento con Lugo.

A presidenta da Deputación declarou que, “De xeito coordinado deunos a información ademais de tranquilizarnos xa que hai compromisos claros e decididos para solucionar as actuacións que enumerei, principalmente, ademais das de outras demandas”, explicou a presidenta da Deputación quen engadiu que o Goberno do Estado continúa deste xeito “cumprindo coa provincia de Lugo e o exemplo máis claro vese materializado nas obras que se inauguraron hoxe”.

Candia defendeu que a forma máis correcta de traballar é a da “coordinación entre administracións” ao tempo que agradeceu a visita da Ministra de Fomento “á casa de todos, á Deputación de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com