Presentación oficial de Jonathan Pereira no Anxo Carro

O dianteiro Jonathan Pereira foi presentado na tarde de onte diante da súa afección no Anxo Carro, onde recibiu o cariño da grada que esperaba a súa chegada cos brazos abertos. Durante a comparecencia, o presidente Tino Saqués, sinalou a importancia da unión en torno a un equipo que medra cara novas e ambiciosas metas, e na que o novo xogador parece que atopou o seu óptimo hábitat para seguir medrando.

Saqués sinalou que “hoxe é un gran día. Un día para demostrar que este club, este equipo e este Consello de Administración só pensan e traballan por e para o CD Lugo”.

O novo xogador do CD Lugo, Jonathan Pereira, declarou que “ a forma de xogar deste equipo, o seu sistema, é algo ao que me adapto perfectamente. É un equipo moi completo, con moita calidade e como en todos os equipos, veño a sumar, a aportar, a facer o que sei”. “Veño por un ano, o futuro xa se verá. Igual imos da man durante moitos anos, pero vamos pouco a pouco. Quero demostrar que todo o aprecio dado podo devolvelo no campo”, concluíu.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com