A credencial “Compostela” poderase conseguir facendo o camiño dende Lugo

A credencial que se lles emite aos peregrinos una vez chegados a Santiago de Compostela, poderase conseguir se os peregrinos fan o Camiño Primitivo dende Lugo. Para conseguir esta credencial hai que percorrer a pe, en bicicleta ou a cabalo, como mínimo 100 quilómetros dun dos  camiños a Santiago.

Ata de agora esta prerrogativa tiña na provincia de Lugo, Sarria, de onde parten cada ano miles de peregrinos para conseguir a antedita credencial . A partir de agora e grazas á xestión da Asociación Lugo Monumental, que preside Luís Latorre, tamén os romeiros que queiran gañar esta mítica credencial poderán conseguila saíndo de Lugo. A credencial entregaráselle a quen o solicite en todos os establecementos da asociación, que contarán cun distintivo nos locais. O punto de partida será a Catedral de Lugo.

Esta Compostela á que da validez o Bispo de Lugo, deseñouna o artista lugués Chencho Pardo e contará co apoio de La Voz de Galicia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com