A Escuela de Negocios Afundación presenta a conferencia Novos retos para a economía galega a cargo do profesor Mario Weitz, o vindeiro martes 22 de setembro ás 19.00 h., na sede da Escuela de Empresarios e Centro de Formación CEL (Manuel Murguía, 6 – Baixo).
Mario Weitz, consultor do Banco Mundial e ex-conselleiro delegado do Fondo Monetario Internacional, analizará en profundidade o panorama económico galego actual, así como os novos desafíos e oportunidades de cara aos próximos anos.