Lugonovo solicita levar á Comisión de Contas informes de seguimento dos servizos externalizados do Concello

Lugonovo presentou hoxe unha pregunta escrita no consistorio coa que pretende que se exerza un control rigoroso de todos os servizos externalizados que ten o Concello.

“Avaliar a calidade da prestación que se fai do contrato e trasladalo periodicamente á Corporación a traveso de informes trimestrais, elaborados por inspectores do Departamento de Intervención na Comisión Especial de Contas, Desenvolvemento Económico, Protección da Comunidade, Concello e Cidadanía para garantir a transparencia da xestión”.

Lugonovo espera que o equipo de goberno dé contestación sobre o procedemento actual de vixilancia que se leva a cabo co fin de melloralo. O seu portavoz, Santiago Fernández Rocha, apunta “á necesidade de que todos os partidos teñan coñecemento de cal e cómo é o seguimento que se fai destas contratacións, das incidencias, se é que as hai, que se produzan durante o desenvolvemento das súas funcións e das solucións que se ofrecen para correxilas”.

Lugonovo propón como fórmula máis axeitada a configuración dun departamento de inspección na que o seu persoal teña como prioridade a supervisión do bo funcionamento dos servizos, especialmente dos que están externalizados, para exercer un control exhaustivo do cumprimento das tarefas e da calidade da súa prestación. Un traballo que, actualmente, desempeñan, entre outras labores, os xefes de sección.

“Se realmente hai vontade de participación e transparencia, unha boa evidencia sería o seu traslado, con informes trimestrais, á Comisión Especial de Contas e Desenvolvemento Económico, co fin de que toda a Corporación sexa consciente do estado dos mesmos. Non é máis que un exercicio de implicación e responsabilidade na xestión municipal por parte de tódalas forzas políticas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com