Castiñeira afirma que bota de menos a Orozco diante dos cen días de goberno de Méndez

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Jaime Castiñeira, visitou onte os estudios de Radio Líder Lugo e máis Xornal de Lugo, onde concedeu unha entrevista na que fala de todos os temas candentes que acontecen na política lucense.

Castiñeira falou entre outros temas, da peonalización do casco histórico lucense, do novo borrador presentado pola alcaldesa de Lugo para a zona ORA, ou do mandato de Méndez ao fronte do goberno municipal, que onte cumpría cen días.

“Non hai valoración que facer, foron cen días de parálise, a única decisión que se tomou foi a rescisión da zona ORA, que ademais é unha copia moi mala da proposta que o Partido Popular levaba no seu programa. Boto de menos a Orozco, porque polo menos el si se houbera reunido coa ministra de Fomento, Ana Pastor. Logo dirá que o goberno central discrimina á provincia de Lugo”, sinalou o popular.

Novas relacionadas

  1. karkaman
    Set 23, 2015 - 03:31 PM

    Revisen a ortografía, por favor. Neste contexto, “botar” é con b

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com