A Concellería de Cultura suspende o concerto de Marcos Pin sen dar explicacións

A Concelleira de Cultura e Presidenta da Comisión de Festas de san Froilán, Carmen Basadre, enviou onte un brevísimo comunicado onde di que se suspende o concerto que o músico lugués Marcos Pin ía ofrecer na Milagrosa. O comunicado e o seguinte:  “O concerto de Marcos Pin para presentar o seu disco “Duology “Take a second”, previsto na programación das festas do San Froilán 2015 para hoxe, sábado 3 de outubro ás 21:00 horas na Praza da Milagrosa, suspéndese por motivos alleos á organización”.

Ante este feito algunhas persoas puxéronse en contacto con este medio a traveso das redes sociais, para saber se o concerto se pasará a outro día ou cales foron os motivos que levaron a suspender dito concerto. Pero parece ser que aquí non pasou nada. E de supoñer que o artista tería un contrato asinado coa comisión no que virán especificadas nas  diferentes cláusulas do mesmo , entre outras cousas, a que aterse no caso de suspenderse o concerto e o xeito de resarcimento a unha ou outra parte, se a causa ou causas son imputables á organización, ao músico, ás inclemencias, etc,  etc. Pero o comunicado non clarexa cales foron os motivos da suspensión, nin como se vai proceder. Estamos ante outro caso de escurantismo de Carmen Basadre como ben denunciando dende hai meses a oposición?

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com