O GMPP denuncia que acabou o prazo para construír o ascensor do Sagrado Corazón sen que empezasen as obras

O Grupo Municipal do Partido Popular afirma que “o descoñecemento, a falta de iniciativa e a pouca resolución do goberno socialista atrase a construción de obras que, a estas alturas, xa terían que poder utilizar os veciños”. A concelleira popular Isabel Devesa pon como exemplo “da súa incapacidade de xestión e falta de empatía cos verdadeiros problemas dos lucenses o esperado ascensor do Sagrado Corazón. Este elevador tiña que estar acabado e non nin empezado coa súa construción”, puntualizou Devesa.

A popular lembra que o ascensor para este barrio adxudicouse o 15 de abril de 2015 por un orzamento de 189.769,04 e que tiña un prazo de execución de 16 semanas. Os populares insisten en que “non hai desculpas deste novo atraso”. Isabel Devesa ironizou “coas présas que se dan nos períodos electorais a colocar carteis de inicios de obras que nunca empezan fronte ao pasotismo para levalas a cabo”.

Devesa afirmou que dende que se prometeu esta actuación no Sagrado Corazón, houbo varias versións desta intervención. “Inicialmente proxectábanse dous ascensores, o xa citado e outro á altura da rúa Fontaneira. Finalmente, optouse unicamente polo de Carlos Azcárraga e o orzamento reduciuse de 300.000 a 200.000 euros”. A adaptación do proxecto inicial foille encomendada á empresa municipal do chan Evislusa.

Fontiñas

Para os populares tamén urxe que o goberno local licite canto antes o ascensor de Ronda das Fontiñas, “de acordo coa necesidade da zona e co que se recolleu no plan de investimentos a iniciativa do Grupo Municipal do Partido Popular” e que se asinou a finais de xuño deste ano para investir os remanentes de tesourería de anos anteriores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com