O BNG–Asambleas Abertas instará ao goberno a cóbrarlle o IBI ás propiedades da igrexa católica

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, informou hoxe que demandarán do goberno municipal que se activen os mecanismos necesarios para que o Concello de Lugo lle aplique á igrexa as mesmas cargas impositivas que ao resto dos veciños. Arroxo dixo que o goberno municipal “ten que poñer a traballar aos equipos xurídicos do concello para facer que a igrexia católica pague o imposto de bens inmobles igual que o resto dos veciños e veciñas de Lugo”. Hai que realizar un inventario de todos os bens inmobiliarios da igrexa católica para coñecer todos aqueles susceptibles de cobro.

Arroxo dixo que “está claro que facer unha política impositiva igualitaria para todos e todas depende de nós, porque nin Orozco, nin Castiñeira van a enfrontarse coa igrexa”. Para o BNG Asambleas – Abertas “non é normal que empresas como a do aparcadoiro do seminario teñan exención de pagamento do IBI”. Arroxo cifrou en preto de 200.000 € a cuantía que o concello está deixando de ingresar anualmente tan so polo IBI do aparcadoiro do Seminario. A estes 200.000 € habería que sumar o importe de todos os edificios e fincas que a igrexa posúe no territorio do Concello de Lugo.

Rubén Arroxo sinalou que os negocios e propiedades da igrexa católica están exentas de pago a través de diversos mecanismos. A maior parte de delas acóllense a un concordato establecido entre o estado español e o estado vaticano asinado en 1979, xusto 6 días despois da entrada en vigor da constitución española. A través deste acordo a igrexa está exenta do pago de impostos como o IVE ou o IRPF, e ten exención de pago tamén sobre o imposto de bens inmobles. Outro dos mecanismos, como o que usan no caso do aparcadoiro do seminario, é a través dunha cláusula da lei de mecenazgo coa que evitan o pagamento do IBI municipal.

Arroxo lembrou que a igrexa católica ten exencións sobre o pago do IBI dende a época do franquismo xa que o actual concordato, asinado en 1979, é a sucesión do acordo inicial que asinou o estado español e o estado vaticano en 1953. Arroxo sinalou que “hai auténticos negocios da igrexa que non pagan este imposto ao concello” e engadiu “a esto hai que sumar un elevado número de casas, pisos, fincas e edificios exintentes no territorio municipal”.

Arroxo explicou que “existen sentenzas xudiciais que avalan a obriga da Igrexa de realizar este pagamento en igualdade de condicións que o resto dos contribuintes”. O candidato do BNG – Asambleas Abertas lembrou que “o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Ourense dictou unha sentenza a favor do Concello de Allariz a respecto do pagamento do IBI por parte da igrexa católica” e sinalou que “a Igrexa Católica demanda dos cidadáns que contribúan ao seu mantemento, cos seus impostos, mentres trata de evadir o seu pago”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com