Presentado o libro de Adolfo de Abel Vilela “A orixe das festas do San Froilán”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez xunto con outras autoridades, presentou onte mércores no Salón de Plenos o libro A orixe das festas modernas e contemporáneas, de Adolfo de Abel Vilela. Trátase da publicación nº12 da colección San Froilán dos devanceiros, posta en marcha polo Concello de Lugo no ano 2004 para reforzar a memoria histórica lucense tratando cuestións moi diversas relacionadas coas festas do San Froilán. No acto tamén estivo presente o autor así como o responsable da colección, Darío Xohán Cabana, que definiu a colección como única.

Na presentación do libro, a rexedora agradeceulle a Adolfo de Abel Vilela esta nova contribución “á historia da nosa cidade, á que tantos anos e tanto traballo lle leva dedicado”, publicación que complementa á anterior obra da colección, A orixe das feiras, das exposicións e dos concursos.

Pola súa banda, Adolfo de Abel Vilela agradeceu a confianza que o Concello depositou nel para sacar á luz o nº12 da colección San Froilán dos Devanceiros, unha colección que Darío Xohán Cabana definiu como “única”.

O libro A orixe das festas modernas e contemporáneas recolle información das festas barrocas durante a Idade Moderna, celebradas o século XVIII, nas cales o papel principal correspondía á Confradía de San Froilán, aínda que tamén aos gremios e ao propio Concello. A parte máis extensa do libro corresponde ás festas contemporáneas, organizadas só polo Concello, que naceron como unha actividade de apoio ás feiras do San Froilán, con moitas dificultades e cun orzamento moi escaso.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com