O Club Deportivo Lugo estivo activo no movemento e mantendendo a posesión dende a portería e o Córdoba CF efectista e rápido á contra.
Os de Milla comezaron a facerse co partido a medida que ocupaban posicións no campo rival e chegando ao minuto 20 de xogo, Pablo Caballero batía a Falcón e poñía aos locais por diante no marcador. A reacción non se fixo esperar e un pase de Markovic a Xisco remataba na portería de José Juan.
Xa na segunda parte, os de Milla buscaron con insistencia o segundo tanto, exercendo unha alta presión preto da área do Córdoba, sen embargo, contra todo pronóstico e xa nos minutos finais, o rencén chegado Pineda lograba o segundo tanto para os visitantes.
Pese ao esforzo, o CD Lugo non puido lograr o empate e os tres puntos foron para o Córdoba CF.