Candia asume a portavocía do Grupo Provincial do Partido Popular

Elena Candia asumirá a portavocía do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo, mentres que os vicevoceiros serán os deputados Carlos Armesto e José Antonio García.

Candia foi a voceira dos populares na Deputación durante a última lexislatura e de novo desenvolverá esta responsabilidade tras o “aval do seu magnífico traballo feito tanto na oposición como no Goberno”, explica Armesto, quen engade que cumpriremos coa nosa “labor, con responsabilidade, baixo a mesma liña de traballo que sempre nos caracterizou. Faremos unha oposición leal e construtiva, centrada na defensa dos intereses dos veciños e sendo a voz de cada un dos lucenses”.

Esta nova reorganización do Grupo acordouse durante unha reunión celebrada entre todos os deputados provinciais. “Logo da función que nos foi encomendada, estruturamos o equipo, para facer unha labor de control e fiscalización do Goberno esixente”, di, ao tempo que engade que “no Goberno demostramos que existe outra forma de facer política e queremos na oposición continuar a recuperar a ilusión dos lucenses, onde a dedicación, o traballo e a honrarez serán os nosos puntos fortes fundamentais”.

Por último, Armesto tamén puxo en valor a axilidade coa que se levou a cabo a organización do Grupo Provincial do Partido Popular “ao igual que fixemos no Goberno, mentres outros están centrados nas súas liortas e nos seus intereses persoais sen constituír Goberno. Queda clara a nosa disposición activa cara os veciños dende o primeiro momento”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com