Muralla Lugo Muralla Lugo

Lugo, candidata a cidade máis accesible de España

Un total de 44 municipios, entre os que se encontra Lugo, compiten na segunda edición da campaña Destino Turístico Accesible, organizada pola empresa ThyssenKrupp Encasa, que busca a cidade española que máis promove a eliminación de barreiras arquitectónicas.

As plataformas Facebook, Twitter e Google+ permitiron aos usuarios propoñer os mellores destinos turísticos para que calquera persoa poida gozar do patrimonio artístico e as actividades de ocio e tempo libre. Todos os municipios participantes contan cun plan integral de accesibilidade e este certame ten como obxectivo recoñecer o traballo que están levando a cabo os municipios españois por impulsar un turismo sen barreiras.

O prazo para as votacións está aberto dende o 13 de outubro ao 30 do mesmo mes e todos os usuarios poderán votar a través da web www.destinoaccesible.es

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com