A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha desde hoxe unha nova campaña nas estradas

A Dirección Xeral de Tráfico poñerá en marcha desde hoxe, luns 19 de outubro, e ata o vindeiro domingo incluído, unha nova campaña especial de vixilancia nas estradas convencionais da comunidade galega. Durante toda a semana, incrementaranse os controis neste tipo de vías.

Segundo os datos estatísticos da DXT, catro son os factores que  máis inciden nos accidentes: o exceso de velocidade, o consumo de alcol e drogas, non usar o cinto de seguridade e as distraccións. Nese senso, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil vixiarán, ademais da velocidade, os adiantamentos indebidos, a inxesta de alcol ou drogas, o uso de casco e sistemas de retención, a utilización do teléfono móbil ou auriculares durante a condución, a manipulación de navegadores ou de calquera outro elemento que poida distraer e, en xeral, calquera infracción da normativa vixente en materia de circulación viaria.

A importancia desta campaña represéntase nas cifras que analiza a DXT en relación aos sinistros  viarios no estado. Así, e aínda que a maioría de accidentes con vítimas prodúcense en vías urbanas, o maior número de falecidos e feridos graves rexístranse en vías convencionais. En 2014, o 38,38% dos accidentes de tráfico con vítimas rexistrouse en vías interurbanas, onde se encadra o 73,87% do total de vítimas mortais (1.240). Á súa vez, o 77% dos falecidos en vías interurbanas (956) rexistráronse en vías convencionais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com