O BNG pide que a nova concesión de transporte público contemple a accesibilidade

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas afirmou hoxe que” o goberno municipal debe considerar a necesidade á hora da adxudicación do servizo público de transporte de pasaxeiros, de incluír cuestións que afectan á vida de diaria dos lucenses”. Rubén Arroxo sinalou que nas propostas que presenten as empresas debe contemplarse que todos os vehículos que presten o servizo sexan accesibles independentemente das rutas que fagan.

Arroxo lembrou que o novo contrato de adxudicación vaise asinar por un periodo de 10 anos prorrogables a 15 e por un importe que ronda os 3,2 millóns de euros anuais. “Non suceder o que esta a pasar agora a respecto dalgúns dos vehículos que non son accesibles para as persoas que utilizan sillas de rodas” afirmou Arroxo.

Para o BNG – Asembleas Abertas “débense plantexar posibilidades que queden contempladas á hora de facer a adxudicación do servizo de transporte público para que Lugo conte cun servizo sostible e eficiente para todas as persoas. Arroxo explicou que, neste momento, hai varios vehículos que cubren liñas, sobre todo no medio rural, que non están adaptados para que poidan acceder a eles persoas que viven con cadeiras de rodas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com