Os animalistas agardan o compromiso de Lugonovo, ACE e BNG co movemento antitouradas en Lugo

A Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas confiaron esta maná en obter o apoio “blindado” dos grupos municipais de Lugonovo, BNG e ACE á campaña para declarar de xeito simbólico a Lugo como “municipio libre de touradas”, despois das mostras de apoio que algúns dos seus edís veñen dando á proposta plantexada nestas semanas en forma de moción.

A iniciativa contaría así xa con seis votos, para os que precisarían outros sete cos que sacar adiante o texto que plantexaron animalistas e abolicionistas a estes grupos da oposición, onde o PSdeG tería, dalgún xeito, a chave para esta aprobación cargada de simbolismo, xa que en Lugo non hai touradas pero a provincia albergou un evento destas características o pasado verán despois dunha fonda polémica por atoparse nun municipio que formaba parte do Camiño de Santiago.

Ao respecto do apoio da corporación lucense os colectivos promotores tamén apelan a PP e Ciudadanos para que respeten a maioritaria vontade cidadá que emana de todos os estudos sociolóxicos e enquisas elaboradas en Galicia, onde tan só o 0,3% dos galegos declararon asistir a touradas o pasado ano, segundo os datos extraídos da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais do Ministerio de Cultura, “pouco sospeitoso de abolicionismo”.

Dende Galicia, Mellor Sen Touradas e a Asociación Animalista Libera convidan aos dous concelleiros de C’s a sumarse á proposta por un Lugo que se compromete a non subsidiar eventos de crueldade cos animais, e lembran que os concellos non teñen competencia para “prohibir” senón para ordear o seus espazos e os seus recursos, que en ningún caso serían empregados para patrocinar unha tourada.

Nun senso semellante reclaman ao Partido Popular que “deixe de enrocarse nunha dramática defensa das touradas en contra da propia cidadanía”, e amosan dende as asociacións a súa sorpresa polo feito de que “o propio PP rexeite unha moción que fai toda unha declaración de intención contra o maltrato animal e que calquera partido de dereita civilizada de Europa apoiaría sen dubida algunha”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com