O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, salientou esta mañá en resposta a preguntas dos xornalistas, que “a Deputación de Lugo deixou de ser a que máis rápido pagaba as súas facturas en Galicia co Goberno de Besteiro, pois a media de pago mensual era de entre 13 a 18 días, a situarse á cola ao facelo en 33-37 días nos últimos tres meses”.
O Presidente explicou que “o Executivo de Candia non priorizou o pago de facturas, habendo hoxe pagos pendentes de 3 millóns de euros. E non foi un problema de liquidez. Candia preferíu repartir 5 millóns de euros da Deputación entre Concellos do PP que pagar aos provedores da institución”.
Fíxoo no marco da campaña de recollida de sinaturas que está a realizar o Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI) e á que se suma o ente provincial, para presentar unha ILP no Congreso, co obxectivo de modificar a lexislación en materia de dependencia e facilitar o acceso universal a estas axudas.
Pola súa banda, o deputado popular Carlos Armesto, invitou esta mañá ao presidente da Deputación, a informarse un pouco mellor do funcionamento da institución xa que “logo das declaracións feitas esta mañá sobre o período de pago das facturas, parece que lle queda grande o cargo”.
“Darío Campos debe informarse da realidade antes de saír e facer declaracións públicas que demostran a súa falta de coñecemento sobre a institución. Cando non se ten experiencia, nin goberno, pódense dar estas circunstancias, que lamentamos e agardamos que non se repitan”, sinalou Armesto.
“Nos informes relativos ao cumprimento de prazos, colgados na propia páxina web daDeputación, pode comprobar que o anterior Goberno do Partido Popular actuou sempre dentro da normalidade que imperaba na Deputación. Polo tanto, evidénciase que non hai ningún tipo de paralización política. O compromiso dos populares foi claro e evidente”, asegura.
Armesto afirmou que en maio de 2015, o importe pendente de pago superaba os 5,3 millóns de euros; mentres que o de xuño os 4,3. A maiores de que, os períodos medios de pago dos dous meses citados superaban os 30 días establecidos por lei. “Cando chegamos ao goberno había máis de 4 millóns en pagos pendentes e, en menos de tres meses, logramos rebaixar esta cifra en máis dun millón”,
A maiores, Armesto sinalou que non só se pagaron as facturas fiscalizadas, “tamén validamos facturas, logo de que o anterior Goberno bipartito da Deputación incorrera en irregularidades administrativas e non seguira os pasos oportunos na súa tramitación”. Armesto cifra que só nunha Xunta de Goberno, o PP validou facturas por un importe superior aos 104.000 euros que correspondían a servizos tan básicos como “o alumeado, a seguridade da administración ou a telefonía, ademais de alimentos para a Granxa Gayoso Castro”. Un feito que demostra a “falta de xestión e de responsabilidade dos socialistas e dos nacionalistas na Deputación”, concluíu.
Campos Conde subliñou que “temos que protexer ás persoas que sofren unha discapacidade e teñen menos recursos, posto que están a ter serias dificultades para acceder aos servizos de dependencia logo de que o Goberno Central recortase en 1.400 millóns de euros os fondos para esta prestación nos últimos tres anos, feito que se suma ao copago dos fármacos ou das próteses”.