O Concello de Lugo informa de que as obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade obrigarán a cortar o subministro en Orbazai, San Lázaro e o entorno da estrada vella de Santiago o vindeiro martes, 27 de outubro, dende as 9.00 e ata as 18.00 horas, aproximadamente, aínda que, de rematar antes os traballos, o servizo será restablecido de inmediato.
Estes cortes de auga son necesarios para acometer as obras de ampliación da rede de abastecemento da cidade, en concreto a construcción dun anillo hídrico na zona este, As Gándaras-estrada da Fonsagrada, que consiste na creación dunha nova condución de auga potable, que complete o anillo hídrico Marcelle-Ceao-As Gándaras, e que conecte coa rede existente nas Gándaras, estrada de Vegadeo, hospital e estrada da Fonsagrada.