Constituído un novo goberno provincial sen Martínez

Esta maña tivo lugar no Pazo Provincial unha rolda de prensa na que o Presidente da Deputación, o socialista Darío Campos e o Vicepresidente, o nacionalista Antonio Veiga, deron conta da conformación do novo goberno de coalición PSOE-BNG, e que non incluirá a Manolo Martínez.

Ao longo desta semana foron moitas as especulacións arredor de se en dito goberno estaría o alcalde de Becerreá e deputado provincial, Manuel Martínez, logo de que o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, dixera que o Bloque non quería políticos imputados na xestión da Deputación. Estas declaracións non so invalidaban a Martínez, senón que incluían a alcaldesa de Viveiro, Maria Loureiro, e ao tamén rexedor de Pol, Lino Rodríguez.

Chama a atención que destes tres deputados o BNG só cuestione a Manuel Martínez, que finalmente non estará no goberno municipal como encargado de Vías e Obras, xa que o Bloque vetou que estivese na Xunta de Goberno. Martínez renunciou a ser Deputado de Vías e Obras e do Parque Móbil, se non lle daban como lle prometeron, a portavocía socialista da Xunta de Goberno, posto que veu desenrolando durante os últimos oito anos de goberno bipartito na Deputación. O voceiro socialista será en troques, Álvaro Santos Ramos. A preguntas dos xornalistas ao BNG sobre o porqué de permitir a un imputado como Lino Rodríguez na Xunta de Goberno, e non a Manuel Martínez, a resposta foi un lacónico “polo espectáculo que deu”.

A partir deste momento ábrese un período de inestabilidade que podería dar como resultado que o Goberno Provincial perda moitas das votacións que se leven ao Pleno, se como parece,  Martínez queda fora da disciplina de voto do grupo socialista, e vote en conciencia como parece presumir que fará, segundo afirmacións da súa contorna.

Martínez convocou rolda de prensa para o vindeiro 4 de novembro onde explicará os pormenores de todo este monumental embrollo.

A reorganización das áreas da Deputación Provincial de Lugo quedan do seguinte xeito:

-Área de Promoción Económica e Social. Será dirixido polo socialista Álvaro Santos Ramos (tamén voceiro dos PSOE na Xunta de Goberno), e contará cos delegados Pablo Rivera Capón e María Loureiro.

-Área de Xestión Territorial. Inclúe Vías e Obras e o Parque Móbil. O socialista Argelio Fernández será o encargado de levala a cabo,

-Área de Goberno Interior. Repite ao fronte deste departamento Miguel Ángel Sotuela.

-Área de Economía. A responsable será a socialista Pilar García Porto.

-Área de Medio Rural, do Mar e Mediambiente. Dirixida por Lino Rodríguez ,

-Área de Promoción Territorial e Turismo. Dirixe o socialista Eduardo Vidal.

-Área de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística. Dirixida polo voceiro da Xunta de Goberno, o nacionalista Xosé Ferreiro.

 

-Área de Deportes e Cooperación cos Concellos. Será dirixida polo Vicepresidente, o nacionalista Antonio Veiga.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com