O Concelleiro de Deportes abandona o goberno local

Despois de dezaseis anos como Concelleiro de Deportes do Goberno Municipal, José Manuel Díaz Grandío deixará no vindeiro pleno a súa acta de concelleiro que gañara nas últimas eleccións municipais. Díaz Grandío xa comentara hai uns días que por motivos persoais ía abandoar a súa tarefa á fronte da Concellería de Deportes.

Aínda que a posteriori parecía que podía seguir no goberno municipal, hoxe soubose que pon fin a unha etapa de catro lexislaturas como máximo responsable do deporte municipal en Lugo. Con el vaise unha forma calada, pero eficaz de traballar. Estamos, sen dúbida, fronte a un dos mellores concelleiros da etapa Orozco, pero tamén é verdade que a limitación de mandatos é algo que hai que enfrontar máis cedo que tarde, pois é de todo inxustificable que unha persoa estea nun mesmo cargo doce, dezaseis ou vinte anos, como se ten dado algún caso.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com