Lugonovo denuncia o comportamento do goberno local diante da nova colgada onte na web do Concello

Os veciños con menos recursos da cidade poderán contar no próximo exercicio, cunha axuda para reducir o impacto que teñen nas súas economías, os gastos de mantemento da vivenda en propiedade.

A medida, aprobada unanimemente pola Corporación no pleno de onte, foi proposta polo Grupo Municipal Lugonovo co obxectivo “de aliviar o custe inasumible que supón o pago dalgúns tributos locais para moitas familias”.

“Por desgraza, a crise segue a manter a moitos lucenses nunha situación dramática, un contexto no que aboar algúns impostos ou taxas municipais só agudiza o entorno de pobreza no que viven. E nós consideramos que é labor da Administración arroupar e protexer a estes cidadáns, de ahí a nosa satisfacción porque tódolos concelleiros compartisen a nosa inquietude e respaldasen esta iniciativa”, sinala o portavoz da formación, Santiago Fernández Rocha.

O Grupo Municipal destaca tamén “a importancia que terá, para a consecución dunha xestión máis transparente e eficaz, a aprobación da outra proposición impulsada dende Lugonovo,e que terá como finalidade un control máis estrito por parte dos funcionarios, e unha supervisión compartida pola Corporación, da calidade coa que se prestan os servizos municipais”.

“Pensamos que todos os partidos debemos estar ao tanto de cómo se desenvolven os contratos, e por iso parecíanos convinte que cada seis meses se trasladasen á Comisión de Contas informes sobre a avaliación da súa prestación. Entedemos que mellorar a súa vixilancia, disuadirá ás concesionarias da aparente relaxación coa que operan mellorando tamén a satisfacción dos usuarios deses servizos”.

Outra cuestión onde o Grupo agarda a coherencia do goberno municipal é no cumprimento da intención de xestionar directamente o ciclo da auga. “Tivo o noso apoio a prol desa futura municipalización. Agardamos que agora, non se lle ocorra facer ningún tipo de manobra estraña para afastarse do manifestado onte no Pleno, porque non llo ímos consentir”.

Doutra banda, os tres concelleiros de Lugonovo quixeron amosar o seu “absoluto rexeitamento á terxiversación que o Grupo Municipal Socialista, con Lara Méndez ao fronte, promoveu para poñer ós traballadores da ORA contra toda a oposición, e a falta de ética e moral que manifestaron ó empregar a páxina web municipal para difundir de xeito sesgado e partidista, unha información manipulada polos seus intereses”. O goberno local, diante das protestas dos grupos da oposición, retiraron de inmediato esta nova da web do Concello, alegando que a intención era a de publicar esa nova na web do grupo municipal socialista, e non na propia web do Concello como sucedeu finalmente.

“O acontecido onte non pasa por menos que pola categoría de vergoñento e ruín. A distorsión interesada que fixeron da vontade da Corporación para municipalizar o servizo da ORA,só pon de manifesto a falta de argumentos coa que sostiñan a súa proposició, e a desfachatez na que son capaces de caer para defender unha postura que non se sustenta con ningún criterio de honradez e eficacia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com