Membros de Novas Xeracións visitan unha explotación gandeira

Mozas e mozos de Novas Xeracións do Partido Popular en Lugo, encabezada polo seu presidente, Daniel Vega e o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago, visitaron a Gandería Casa Anxel no Concello da Pastoriza.

As mocidades populares comprobaron de primeira man o traballo que está a realizar esta gandería, onde non só se produce o leite, senón que tamén se transforma e se comercializa, rematando así a cadea de produción.

O presidente provincial da organización político-xuvenil aposta dunha maneira clara e decidida pola gandería e agricultura, destacando “a vital importancia deste sector para o conxunto da sociedade e economía da provincia de Lugo”. Vega aproveitou esta visita para lanzar a seguinte mensaxe, poñendo de exemplo á Gandería Casa Anxel, “o gandeiro non pode ser empresario só ata o tanque de leite, ten que crer tamén na transformación e comercialización do produto, para non ser simples asalariados da industria”.

Pola súa banda, o presidente de Novas Xeracións de Galicia aproveitou esta xornada para por en valor e defender ao sector leiteiro nun momento de verdadeiras dificultades para o mesmo, e quixo manifestar “a súa solidariedade pola loita cara un prezo sostible do leite no tempo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com