Lugonovo ven de congratularse de que dúas mocións súas presentadas ao Pleno celebrado o pasado xoves, foran apoiadas por unanimidade por medio do seu voceiro declarou que “se o equipo de goberno cumpre co acordado onte no Pleno, os veciños con menos recursos da cidade poderán contar, no próximo exercicio, cunha axuda para reducir o impacto que teñen, nas súas economías, os gastos de mantemento da vivenda en propiedade”.
“Por desgraza, a crise segue a manter a moitos lucenses nunha situación dramática, un contexto no que aboar algúns impostos ou taxas municipais só agudiza o entorno de pobreza no que viven. E nós consideramos que é labor da Administración arroupar e protexer a estes cidadáns, de ahí a nosa satisfacción porque tódolos concelleiros compartisen a nosa inquietude e respaldasen esta iniciativa”, sinalou o portavoz da formación, Santiago Fernández Rocha.
O Grupo Municipal destaca tamén a importancia que terá, para a consecución dunha xestión máis transparente e eficaz, a aprobación da outra proposición impulsada dende Lugonovo e que terá como finalidade un control máis estrito, por parte dos funcionarios, e unha supervisión compartida pola Corporación, da calidade coa que se prestan os servizos municipais.
“Pensamos que tódolos partidos debemos estar ó tanto de cómo se desenvolven os contratos e por iso parecíanos convinte que, cada seis meses, se trasladasen á Comisión de Contas informes sobre a avaliación da súa prestación. Entedemos que mellorar a súa vixilancia, disuadirá ás concesionarias da aparente relaxación coa que operan mellorando tamén a satisfacción dos usuarios deses servizos”.