Vitoria do Club Deportivo Lugo ante o Tenerife

Logo das últimas seis xornadas, nas que só gañaran un partido, o Club Deportivo Lugo consegue unha importante vitoria esta tarde no Anxo Carro ante o Tenerife.

Os dous equipos sairon a por todas e aceptaron un combate aberto, pero foron os de Milla, no minuto seis, que con un gran disparo de Jonathan Pereira, poñían o marcador a favor dos locais. O Tenerife non decaeu no seu intento por igualar o marcador e achegáronse unha e outra vez a portería de José Juan, que foi un dos grandes protagonistas do encontro. Xa a piques de chegar ao descanso, un penalti claro de Germán Sánchez a Pablo Caballero sentenciou o encontro e deulle a vitoria aos lucenses, que conseguen así tres importantes puntos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com