A Fundación TIC apoia o lanzamento da webserie Pink realizada por alumnos e titulados da EIS

O Patrón da Fundación TIC e Deputado de Promoción Economía e Social, Álvaro Santos Ramos, participou na estrea de “Pink”, a nova webserie de Gato Final, que acolleu este sábado o Pazo de San Marcos. O acto, aberto ao público, contou coa participación do equipo da rodaxe, dos alumnos e docentes da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS).

Na presentación, Santos gabou o traballo desenvolvido polo equipo de“Pink, ao tempo que salientou “o respaldo da TIC a proxectos coma este xerados por estudantes e titulados da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas no eido audiovisual”. O equipo responsable da produción contou coa asistencia técnica e o asesoramento da Fundación TIC.

O Deputado lembrou que “o principal obxectivo da Fundación é a inserción laboral dos nosos alumnos, e as miniseries para internet son un formato  idóneo para os que comezan profesionalmente no audiovisual”. “Na EIS introducimos aos estudantes nos novos xéneros e formatos audiovisuais co fin de potenciar o seu talento e creatividade”, engadiu Santos.

“Pink” mestura os xéneros do terror e acción coa comedia, co fin de achegar ao espectador a súa propia visión da apocalipse. A webserie consta de tres capítulos cunha duración total duns 20 minutos

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com