O Beorgán recibe este sábado, ás seis da tarde e no Pazo dos Deportes, ao Palma Air Europa. O equipo lucense afronta o partido con oito xogadores, xa que Travis Nelson e Juwan Howard están de baixa e para Lisardo Gómez esas condicións non son as mellores, xa que segundo declarou o técnico lucense “a curto prazo podemos ir saíndo pero a longo prazo é compricado”.
Con esta situación, o Breogán enfronta tres partidos nunha semana; o de mañá sábado, o vindeiro mércores que visitará ao Burgos e o domingo, día 15, ao Amics Castellón no Pazo dos Deportes.