Basilio Losada recibe o premio “Facer País” en Láncara

Basilio Losada escritor tradutor e catedrático de Filoloxía Románica e de Lingua Galega e Portuguesa, recibiu este domingo o premio Ramón Piñeiro“ Facer País”. Aínda que nado en Láncara, desenvolveu todo o seu traballo na Universidade de Barcelona, xa que aos cinco anos marchou coa súa familia para a cidade Condal.

O profesor Losada exerceu un grande labor a prol da literatura galega no eido da crítica, difusión e mesmo da edición, moitos dos escritores actuais tiveron como valedor a Losada perante as editoriais. Foi un dos artífices de que Olegario Sotelo Blanco fundara a editorial homónima en Barcelona, unha persoa da diáspora como o propio Losada.

Á entrega do premio asistiu o Presidente da Deputación Darío Campos, o Alcalde de Láncara Darío Piñeiro e outra personalidades e autoridades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com