Unhas duascentas persoas reivindican a chegada do Ave a Lugo

Unhas duascentas persoas, todas elas presidentes de asociacións que integran a Federación Veciñal de Lugo, reivindicaron onte, diante das portas da estación de Renfe da cidade, a chegada do Ave a Lugo. O Presidente da Federación, Jesús Vázquez, sinalou que isto “é unha plataforma aberta”, onde pode estar todo o mundo “e que solo ten un obxectivo; a defensa dos servizos ferroviarios da única capital de provincia que queda sen intermodal nos presupostos, sen trens de cercanías competitivos e sen trens de mercancías nun  barrio totalmente degradado (o da Estación)”, sinalou

“O que pedimos é o que teñen os demais. Os nosos veciños de Ourense levan unha importante consignación para a intermodal e nós temos 25.000 habitantes máis que Ourense e no levamos nada”, criticou

Ao acto acudiu, xunto ao secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a Patxi López, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que apoia estas reivindicacións e que apelou a “que están igual ou peor, en canto a infraestruturas ferroviarias que fai 140 anos” data na que chegou o tren á cidade.

Pola súa banda o ex lehendakari e secretario de Acción Electoral do Psoe, Patxi López, declarou que “ten a sensación de que Lugo é a provincia esquecida, tanto pola Xunta como polo Goberno de España”. “Lugo é a única das capitais que non teñen un proxecto de intermodal a pesares de que o goberno socialista deixouno ben preparado”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com