Manuel Martínez informou a primeira hora da mañá, que lle comunicaran dende a oficina de correos, que había un burofax para el, que segundo indicou “presuntamente se me comunica a expulsión do Grupo Socialista, inicio de expediente de expulsión e de comunicación ao pacto Antitransfuguismo”.
Martínez indicou que recollerá dito burofax esgotando o prazo legal para facelo e a partir de aí procederá, logo de saber do que se lle acusa, a facer o seu escrito de alegacións. Asemade indicou que pretende facer unha nova rolda de prensa para informar á opinión pública e quere facelo, se é posible, na Sede do Partido en Lugo.