Lugonovo solicitará ao Concello a prevención de risco social

O Grupo Municipal Lugonovo ven de rexistrar para o vindeiro Pleno municipal unha solicitude ao equipo de goberno, para que a traveso da concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión se tomen as medidas necesarias para que, ante a posibilidade de que nos próximos meses se rexistre unha vaga de frío, aqueles cidadáns que non teñen teito e pasan a noite na rúa poidan acudir a un lugar digno onde protexerse das inclemencias meteorolóxicas. Actuacións nas que agarda, o executivo se comprometa a traballar con certa antelación e previsión evitando que se reproduza a situación de emerxencia social que se viviu na cidade o inverno anterior.

“Pensamos que é mellor adiantarse e operar con certa planificación, garantindo que, se se repiten as circunstancias que xa vivimos hai un ano, o Concello de Lugo poida actuar en tempo para evitar desgrazas. Cómpre artellar un protocolo que permita asistir ás situacións de desprotección máis graves e aliviar a penosidade dos que, en xornadas nas que os termómetros baixan drasticamente, non contan con ningún medio para resgardarse da intemperie”, sinalou a edil Cristina Pérez Herráiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com