Visita da Alcaldesa aos barrios da Milagrosa e Piringalla

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, realizou este venres unha visita ao barrio da Milagrosa para coñecer de primeira man as principais necesidades dos veciños e veciñas deste barrio, un dos máis numerosos do municipio. Ao encontro tamén asistiu o voceiro municipal, Miguel Fernández, así como varios veciños da zona.

Lara Méndez asegurou que “no Concello apostamos polos barrios e polos seus residentes, que son os que verdadeiramente contribúen a facer cidade”, e definiu á Milagrosa como “un barrio que sempre se caracterizou pola súa actividade e polo seu dinamismo”.

A rexedora atendeu as peticións dos veciños e veciñas que buscan humanizar a Praza Agro do Rolo, “unha praza emblemática dun barrio emblemático”, suliñou. Trátase de dotar a este espazo aberto de zonas de parque infantil, de zonas de parque biosaudable e de instalar máis mobiliario urbano, o que contribuirá a un maior dinamismo da zona.

Pola súa banda, Vázquez agradeceu a implicación e a preocupación de Lara Méndez por este barrio lugués.

Asemade a alcaldesa tamén visitou o barrio da Piringalla acompañada polo presidente da Asociación de Veciños Cultural Deportiva San Isidro, Ricardo Varela, e por un grupo de veciños e veciñas, que lle trasladaron á Alcaldesa as súas principais demandas, entre as que se atopan a creación dun canil e a instalación de aparatos biosaudables.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com