Méndez di que o Pxom é legal e Portomeñe anuncia que o levará ao xulgado

O voceiro do grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida, Carlos Portomeñe, respondeu esta mañá en rolda de prensa ao emprazamento da alcaldesa Lara Méndez para que acuda á Fiscalía se dubida da legalidade da tramitación do PXOM de Lugo: “Non precisamos ir á Fiscalía porque levaremos toda a documentación necesaria ao Xulgado que lle corresponda a instrucción do caso, xa que a vía xudicial xa se atopa aberta”.

O concelleiro de ACE-EU considera ademáis que neste caso non lle corresponde á alcaldesa contestar aos reparos de legalidade sobre a tramitación do PXOM de Lugo, senón que terían que facelo os responsables da mesma: “Deberían falar Orozco e Besteiro, que ademais de ter a competencia directa naquel momento son das poucas persoas que puideron ver os documentos do PXOM de 2004.

No tocante a “desaparición temporal” do expediente do PXOM de 2004, o edil de ACE-EU agarda que a alcaldesa poña todo o seu esforzo personal en que apareza no tempo reglamentario. Asemade Portomeñe ofreceuse a Orozco para búscalo, “se fai falta, xa que asegura que él o atoparía en cinco minutos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com