Industria insta a Alcoa que cumpra os compromisos asinados

Esta mañá celebrouse unha nova reunión da comisión de seguimento de Alcoa no Ministerio de Industria e Turismo coa asistencia da secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró; a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e representantes de ALCOA e do comité de empresa.

Durante a reunión, a secretaria de Estado instou a Alcoa a cumprir cos compromisos adquiridos cos traballadores e a garantir a reapertura da planta e o mantemento do emprego. Ademais, ofreceu á compañía todos os instrumentos dos que dispón o Goberno de España para afrontar as dificultades financeiras que atravesa Alcoa, segundo manifestaron os seus representantes. “É a propia empresa a que ten que seguir dando pasos. Hoxe comunicou que vai renovar as cubas pero ten que respectar todos os acordos. Desde o Goberno necesitamos información concreta para coñecer as súas necesidades e estudar que instrumentos financeiros e de investimento podemos ofrecerlles, como o PERTE de descarbonización, que acabamos de convocar”, sinalou Rebeca Torró.

Asemade, a secretaria de Estado de Industria reiterou “o compromiso firme do Goberno para traballar por que un sector estratéxico como o aluminio en Galicia siga en España”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com