A 55 edición da Travesía de Foz reunirá a 500 palistas o vindeiro domingo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este martes a 55 edición da Travesía de Foz, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de xuño e que reunirá a preto de 500 palistas chegados de toda a xeografía galega e de Asturias. Fíxoo acompañado do Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García, e o Presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, entre outras autoridades.

O Goberno da Deputación achega 7.000 euros para a celebración da Travesía de Foz, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.

Rivera Capón destacou que “un ano máis a Deputación de Lugo é a principal patrocinadora desta Travesía, renovando deste xeito a nosa aposta pola proba mariñá, posto que consideramos que se trata dunha oportunidade única para promover e dar a coñecer o Concello e a zona na que se enmarca. En total, serán unhas 500 persoas as que visitarán Foz esta fin de semana, o que suporá un importante retorno económico”.

Máis de 330 embarcacións das modalidades K1, K2, C1 e C2 participarán o domingo nesta nova edición da competición, puntuable para a Liga Galega de piragüismo nas categorías sénior, xuvenil, cadete e veterán, masculinas e femininas. A proba pertence ao Grupo 1, converténdoa nunha das competicións con maior cantidade de puntos a repartir, e polo tanto do máximo nivel, dentro da Liga Galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com