O Club Deportivo Lugo realizará a presentación oficial de Luis Milla, como adestrador, e Toni Otero, como director deportivo, o próximo mércores, día 17, no Anxo Carro.
As portas do campo se abrirán dende as 20.00 horas para que os afeccionados que así o desexen poidan recibir e dar a benvida aos responsables técnicos deportivos do club. Serán as dúas primeiras incorporacións para a próxima tempada.
Con anterioridade a que “salten” ao terreo de xogo para manter o encontro coa afección, Luis Milla e Toni Otero serán presentados polo presidente do club, Tino Saqués, en rolda de prensa, ás 19.30 horas no propio campo.
Ao longo da próxima semana será presentada tamén a primeira campaña de socios baixo o lema “O Lugo é paixón”, que se desenvolverá durante o Arde Lucus.