O Pazo de San Marcos acolleu hoxe a presentación da 42 edición da Semana de Cine de Lugo, que se celebrará do 23 ao 28 de novembro. A mostra, organizada polo Grupo Cinematográfico Fonmiña e dirixida por Manuel Curiel, inclúe a proxección de 119 filmes en distintos espazos culturais da cidade.
Curiel subliñou na presentación a capacidade de convocatoria do festival que recibiu no periodo de inscriciòns “preto de 2.000 filmes de 60
países”. A Semana do Cine de Lugo celebrase despois de ser adiada en setembro, data na que se viña celebrando habitualmente. “Por momento pensamos que non podería ser pero chegamos a conclusión de que tería que ser como poidera ser. Sería doloroso para nós, e cremos que tamén para Lugo, facer unha paréntese nun traballo que vimos facendo desde o 1979”, expuxo Xulio Xiz, director do Grupo Fonmiñá na presentación do festival.
119 filmes en cinco salas
As películas Sección Oficial proxectaranse no Auditorio Municipal Gustavo Freire, con pases ás 19.00 horas e as 21.00 horas. O Vicerreitorado acollerá as proxeccións das seccións Cine Galego, con 28 filmes, e As curtas tamén son cine, na que participan 35 curtametraxes. No salón de actos do Pazo de San Marcos, proxectaranse as catro películas de Cine Documental; mentras que no auditorio do Vello Cárcere se poderá ver o ciclo La Otra Orilla con películas de Arxentina, Chile, Cuba, Colombia, Mexica, Honduras, Brasile e Bolivia. Ademais, na Biblioteca Provincial pasaranse os filmes do ciclo E para comer Lugo, de temática gastronómica.
A entrada ás proxeccións será de balde, até completar a capacidade das salas, limitada a 30 persoas, dacordo coa normativa sanitaria vixente. O Grupo Fonmiña habilitou un espazo na web para a reserva online das entradas.
A mellor película da Sección Oficial, de As curtas tamén son cine e de Cine Galego serán elixidas polo público asistente a través das papeletas
de votación que se entregarán á entrada de cada sala.
Deixade que o cine…
Como novidade, e para compensar as limitacións de capacidade impostas pola pandemia, a Semana de Cine de Lugo achegará as proxeccións á sede de Apsnais. O festival sairá de Lugo para ofrecer tamén sesións de cine nas prisións de Bonxe, Monterroso e Teixeiro, unha iniciativa para a que contan coa colaboración da asociación Concepción Arenal e de Institucións PenitenciariasTamén se farán proxeccións nas prisións de Bonxe, Monterroso e Teixeiro.