A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu o premio Crer no movemento veciñal por parte da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) nunha gala celebrada este sábado no Liceo de Ourense. A rexedora, recoñecida polo seu apoio e traballo en favor do movemento veciñal pola Federación de Asociacións de Veciños lucense, subliñou durante o acto que o tecido veciñal “é un piar fundamental da democracia, pois canaliza a representación de todos cidadáns ante as institucións públicas”.
Méndez destacou que Lugo “ten a sorte de contar cun colectivo veciñal moi activo, a Federación de Asociacións de Veciños, que ademais é unha das entidades máis numerosas de Galicia, e que simboliza tanto a realidade do Lugo urbano como do rural”. “As súas iniciativas, ás que apoiamos decididamente dende o Concello, son capaces de conseguir avances sociais reais. Foron capaces de mobilizar a máis de 15.000 persoas nas rúas en Lugo para reclamar o servizo de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear no HULA e agora este mesmo colectivo vén de impulsar unha plataforma para reclamar servizos ferroviarios para Lugo”, indicou.
A Alcaldesa expresou o seu compromiso de “seguir contando e camiñando da man” do tecido asociativo lucense, “como fixemos dende que entramos no Goberno”, co fin de “reivindicar e sacar adiante entre todos os servizos e dotacións necesarias para mellorar a calidade de vida dos cidadáns e impulsar o crecemento económico da nosa cidade”.