Lara Méndez, visitaba esta tarde ao alumnado do CEIP Menéndez Pelayo, a petición da Asociación de Nais e Pais do centro. A rexedora asistiu a unha das clases do curso de robótica, organizado pola ANPA e que se desenvolve nun local cedido polo Concello, no que participan ao redor dunha vintena de estudantes de entre 9 e 11 anos.
As nenas e nenos, que hoxe estaban a elaborar un deseño da Muralla de Lugo, comprometéronse a realizar un proxecto, de libre elección, para a alcaldesa que lles deu a súa palabra de que volverá a pasar polo colexio para recollelo.