Segundo un comunicado emitido hoxe polos antigos responsables do club “as informacións que publica hoxe, 18 de setembro, un medio de comunicación son tendenciosas e ignoran a realidade documental”.
O comunicado continúa “é unha manipulación interesada co obxecto de desprestixiar á anterior xunta directiva, non sabemos con que escuras intencións”. E aclaran que “a información reflexada minte interesadamente ao facilitar as débedas pero non os activos”.
A anterior xunta directiva informa que “na Constitución do Club Deportivo Lugo en S.A.D. de 26 de xuño de 2013, establécese o pasivo “débedas” por importe de 1.635.451,98 euros. Nese mesmo balance, auditado, tamén di que existe un activo non corrente de 521.992,14 euros e un activo corrente de 1.043.966,10 euros”.
En resumo, a información reflectida publica o pasivo e non a columna do activo, onde se ve que a única diferencia é de 74.834,25 euros de saldo negativo.
E remata “reiteramos a transparencia nas contas auditadas e non entendemos a insistencia en desacreditar a xestión da anterior Xunta Directiva, que se axustou á legalidade segundo poñen de manifesto as diferentes auditorías presentadas nos órganos encargados da súa fiscalización”.
Se quere ver as contas pique abaixo