A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) clausurou esta mañá o curso de especialización en enoturismo, financiado pola Deputación de Lugo, no que participaron un total de 15 profesionais do sector da provincia.
O director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, encargado de dirixir as clases, fixo entrega xunto con Cheché Real, presidente da APEHL, e Eduardo Vidal, deputado da área de Turismo da Deputación de Lugo, dos diplomas aos
alumnos.