A sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) acolle un curso de pilates, que tivo comezo hoxe e continuará ata o vindeiro 2 novembro.
Este curso de prevención de trastornos músculo-esqueléticos, financiado pola Xunta de Galicia, está sendo impartido tamén en Monforte de Lemos, ata o 31 de outubro, en horario de tarde e os seus principais obxectivos son: coñecer o método pilates como instrumento de educación e reeducación postural, aprender a identificar os factores de risco relacionados cos TME na actividade de camareira de pisos, utilizar as técnicas correctas sobre manipulación manual de cargas, adquirir hábitos posturais correctos durante a realización das diferentes tarefas do posto de traballo e utilizar os equipos e as ferramentas de forma segura e ergonómica.