A Área de Deportes colabora coa III Carreira Campus Terra Leyma

O Servizo de Deportes da Universidade de Santiago vén de presentar a III Edición da Carreira Popular Campus Terra Leyma, un evento deportivo que conta coa colaboración da Área de Deportes da Deputación.

Durante a presentación o Deputado de deportes destacou que “o deporte é un vínculo para crear sinerxias, e esta carreira é un bo exemplo. Sinerxias no espazo Galicia-Norte de Portugal, grazas á colaboración entre Universidades, un camiño que temos que fomentar e sinerxias solidarias co apoio na loita contra o narcotráfico“.

Esta Carreira Popular celebrárase o vindeiro 1 de marzo e contará con 4 distancias, desde os 150 metros para os Pitufos ata os 7.400 metros na categoría de Adultos. O obxectivo da carreira é inculcar hábitos saudables entre os membros da comunidade universitaria e o resto dos cidadáns. Tamén dar a coñecer o Campus Terra  e proxectalo como un espazo de encontro entre as seis universidade do noroeste da Peninsula Ibérica, as tres galegas e as tres do norte de Portugal (Minho, Porto e Tras Os Montes e Alto Douro).

A III Carreira Campus Terra Leyma celebrarase o 1 de marzo e tamén é a VII Carreira Galaico-Durriense contra a Droga, e parte do recadado coas inscricións dos Adultos destinarase  á Fundación Galega contra o Narcotráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com