A Área de Lugo ten 139 infectados por Covid-19

Segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Lugo é de 139; 207 en toda Galicia. Deles 30 son da área da Coruña, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 7 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 199 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.070 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 233.015.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com